fbpx

Carmen y Lola no Cineclube Padre Feijoo

Compárteo!

11 Marzo, 2019 20:30

Cineclub Padre Feijóo Ourense

Rúa Ramón Cabanillas, 1, 32004 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Carmen y Lola no Cineclube Padre Feijoo Ourense

Carmen y Lola

Proxección da película Carmen y Lola, de Arantxa Echevarria. Carmen é unha adolescente xitana que vive no extrarradio de Madrid. Como calquera outra xitana, está destinada a vivir unha vida que se repite xeración tras xeración: casarse e criar tantos nenos como sexa posible. Pero un día coñece a Lola, unha xitana pouco común que soña con ir á universidade, debuxa graffitis de paxaros e é diferente. Carmen desenvolve rapidamente unha complicidade con Lola, e ambas tratarán de levar cara adiante o seu romance, malia os inconvenientes e discriminacións sociais ás que teñen que verse sometidas por parte da súa familia.

2 Pases: 
20:30h / 23:00h

Premios
2018: 2 Premios Goya: Mellor dirección novel e actriz sec. (Carolina Yuste). 8 nom.

“Non hai lagoas de principiante na película nin pretensións vacuas. O seu costumismo é do bo, posúe frescura, sensualidade e capacidade para emocionarte”
(Carlos Boyero, El País)

Ver Ficha en Filmaffinity

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close