fbpx

Carlos Taibo. Presentación ‘Ante o colapso’

Compárteo!

2 Xullo, 2019 20:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

  • Localidade

    Allariz

Carlos Taibo Ante o colapsoO vindeiro martes 2 de xullo ás 20:00h., no local compartido polo CSA Cambalhota e a CNT Allariz, contaremos coa presenza de Carlos Taibo que presentará o seu último libro Ante o colapso – Pola autoxestión e o apoio mutuo. Ao finalizar poderemos gozar duns momentos de confraternización e duns petiscos.

Sinopse:
Antes que rescatar unha memoria proscrita, este libro proponse identificar a actualidade dunha proposta que reivindica a autoxestión, a desmercantilización, a despatriarcalización e a descolonización das nosas sociedades. Nesa tarefa, e máis aló da contestación do que significan o capital e o Estado, pretende colocar nun primeiro plano as mulleres, moitas das poboacións dos países do Sur, os seres humanos integrantes das xeracións vindeiras e as demais especies coas que, sobre o papel, compartimos o planeta. O texto ofrece unha cumprida síntese dos traballos que o autor dedicou, no último cuarto de século, a materias como a crise dos sistemas de tipo soviético, a globalización, a hexemonía norteamericana, o decrecemento, o colapso que vén, a crise da esquerda que vive nas institucións e a actualidade das ideas e as prácticas libertarias.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close