fbpx

Cara a Cara con Iker Jiménez

Compárteo!

Comeza en 10 Días, 6 Horas

3 Abril, 2019 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

Iker Jiménez (Vitoria, 1973), xornalista licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense. Leva 30 anos nos medios de comunicación. Comezou na radio, aos 17 e tras traballar en 11 emisoras dirixiu e presentou Milenio3 na Cadena SER. Durante 15 tempadas o programa bateu todos os récords de audiencia na madrugada. Dende 2005 dirixe e presenta cada domingo Cuarto Milenio, único programa supervivente da primeira grella de programación e un dos máis lonxevos da televisión en España.

A súa última gran aposta é MilenioLive en Youtube, un formato que une radio, televisión e conexión total a través das redes sociais. Cada venres convertese no máis comentado en Twitter.

Escribiu nove libros e foi considerado o xornalista español máis influínte nas redes sociais de España. Recibiu dúas veces a “Antena de Oro” e o premio “Ondas”.

Entusiasmo é a súa palabra e así o quere demostrar no seu último formato o “Cara a Cara” unha experiencia íntima co seu público. Un encontro persoal, único e inesquecible, no que os asistentes poderán preguntar a Iker o que sempre quixeron saber. O “Cara a Cara” non é un programa de televisión, nin de radio, nin sequera unha conferencia. Máis aló de todo convencionalismo, é unha nova experiencia de comunicación.

Iker falará co público de Misterio, da vida, da morte, do entusiasmo, da sorte, do éxito, dos sonos, das sombras e da luz… A interacción será a clave e para iso o público poderá preguntarlle todo o que desexe, propoñendo o diálogo como fonte de novidades e aprendizaxe. Un formato sen guión e sen estrutura que busca unha conexión total cos asistentes.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close