fbpx

Cantamos o Maio. Asociación Cultural Rebulir

Compárteo!

1 Maio, 2021 09:30

Ramirás

Ramirás

  • Localidade

    O Picouto - Ramirás

Cantamos o MAIO 2021A Asociación Cultural Rebulir de Ramirás organizará o vindeiro sábado 1 de maio a actividade “Cantamos o Maio”.
O obxectivo desta celebración é recuperar esa manifestación cultural que en tempos foi celebrada na Comarca de Celanova, tal e como indican algúns historiadores como Clodio González. Así, aúnase a música e o canto tradicional, co culto a natureza.
Esta iniciativa é continuidade da proposta feita no ano 2020, onde de maneira virtual moitos veciños e veciñas da contorna, e socios/as da asociación se sumaron de maneira virtual a convocatoria feita desde Rebulir. Neste 2021, con todas as medidas de seguridade, e os aforos restrinxidos a programación desenvolverase de maneira presencial no recinto escolar do Picouto.
  • Empezarase as 9:30 h. cun roteiro para recoller o material para facer o Maio.
  • Posteriormente, en dous obradoiros, iranse elaborando as tradicionais coplas satíricas nun proceso guiado por Alba Faro.
    Ao mesmo tempo, en paralelo, Sandra González guiará a construcción dun pequeno Maio, e mesmo a elaboración das tradicionais coroas de flores ou colares de bugallas.
  • Finalmente, as 13:30 h. xa co Maio construído, cantaranse as coplas creadas previamente.
Dado o aforo restrinxido, emitiranse directos por medio das diferentes redes sociais de Rebulir, para así poder chegar a máis veciñanza.
Para máis información pódese visitar a web www.rebulir.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close