fbpx

Canta miña pedra, canta. Charo Pita e Xoán Curiel

Compárteo!

13 Abril, 2019 18:00

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Canta miña pedra, canta. Charo Pita e Xoán CurielUn espectáculo familiar dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos que levarán adiante o músico Xoán Curiel e a contadora Charo Pita, baixo xestión da Editorial Galaxia.

Tras o seu éxito con Estamos no verán!!! e con A casa do terror, Xoán Curiel volve ao FalaRedes acompañado desta volta da narradora e contadora Charo Pita. A actividade xira arredor dos relatos populares galegos e mais de cancións que don Antonio Fraguas, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, recolleu nas súas Aportacións ao Cancioneiro de Cotobade.

Co obxectivo de que o público que ve o espectáculo poida seguir afondando na lectura en galego e no coñecemento do noso patrimonio lingüístico e literario, cada familia asistente recibirá antes de marchar unha pequena antoloxía de narracións tradicionais de Galicia escolmadas por Quique Harquindey e Maruxa Barrio titulada O fillo do rei e outros contos populares.

Programa FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL)

Entrada gratuita ata completar a capacidade

Sala Azul

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close