Máis
1 Xullo, 2019 a 15 Xullo, 2019 09:00 - 14:00
As Curuxas, aula das ciencias
25 de Xullo, 9, 32660 Allariz
Despois da boa acollida que tivo o Campamento de Nadal, non nos quedaba outra que facer a versión estival do mesmo.
Por iso volvemos organizar un campamento urbán para nenos/as de 3 a 12 anos.
Voltaremos a contar coa colaboración dunha monitora titulada de Xurxemurxe.
Entre as actividades que realizaremos hai: experimentos de ciencias, talleres e obradoiros, xincanas e saídas ao exterior… Ademais, todos os días se fará un descanso nun parque para merendar e xogar.
Contamos con tres modalidades de campamento:
1) *Campamento*: de 10 am a 14 pm
Durante este horario terá lugar o campamento propiamente dito, coas actividades realizadas a cargos das monitoras. Os nenos/as terán que traer unha merenda para mediamañá.
Prezo: 70€
Desconto para irmáns e estudantes da academia: 60€
Prezo por unha semana: 40€
Prezo por un día: 10€
2) *Conciliación familiar*: 9 am a 14 pm
Espazo para deixar os nenos/as antes de que os pais e nais teñan que ir traballar. Espazo para tempo libre de xogo, tamén poden traer deberes para ir adiantando o que teñan que facer durante as vacacións.
Prezo: 75€
Deconto para irmáns e estudantes da academia: 65 €
3) Luns de ciencia (1, 8 e 15 de xullo )
Días especias adicados só ao aprendizaxe científico mediante experimentos e prácticas. Os nenos/as poderán realizar os seus propios experimentos, sempre baixo a supervisión de dous adultos/as.
Prezo: 25€
Desconto para irmás e estudantes da academia: 20€
AS PRAZAS SON LIMITADAS, RESERVA XA!
SERÁ NECESARIO ACADAR UN NÚMERO MÍNIMO DE PARTICIPANTES PARA REALIZAR A ACTIVIDADE.
699 751 148
Pasa polo noso local en Rúa 25 de Xullo, 9 (Allariz)