fbpx

Camiños, con Magín Blanco

Compárteo!

19 Xullo, 2019 20:30

Baños de Molgas

Baños de Molgas

  • Localidade

    Baños de Molgas

Camiños, con Magín BlancoConcerto para público infantil e xuvenil de Magín BlancoCAMIÑOS é a nova aventura de Magín Blanco, un dos mellores músicos e compositores de Galicia adicados ao publico infantil e xuvenil.

Neste fermoso e completo traballo, Magin xunto ao ilustrador Leandro Lamas, presenta un libro-disco e un espectáculo musical, no que inicia un novo camiño cheo de aventuras e misterios.

CAMIÑOS convértese nunha viaxe e un lugar de encontro e descubrimento para os nenos e as nenas.

A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos e da inspirada música de Magin, os novos e novas lectoras atopan claves e pistas que á vez que lles divirten, contribúen ao seu desenvolvemento emocional.

CAMIÑOS é unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos/as nenos/as

Lugar: Parque do Muíño de Baños de Molgas

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close