fbpx

Breviário de heterónimos, de Carlos Rafael (fot. Antón Buciños) en Allariz

Compárteo!

28 Novembro, 2019 20:30

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

 

Breviário de heterónimos Mostra

Breviário de heterónimos (Carlos Rafael. Fot. Antón Buciños), editado por Saurobuks

Breviário de heterónimos” é o quinto título da editora Saurobuks que contén escritos híbridos de Carlos Rafael, novo autor ourensán, xa moi experimentado en recitais, actuacións de todo tipo, sempre ao redor da cultura ben entendida, o teatro, contacontos, a música, a poesía… Ademais de ser un grande militante, desde sempre, dos movementos sociais da cidade do santo cristo. Profesa un ateísmo militante e sobre todo unha risa subversiva que ademais contaxia. Proponnos un híbrido literario cos seus heterónimos de altofalantes de haikus, cancións, aforismos, relatos… Bocados algúns máis grandes, outros máis pequechos pero son auténtica alta cociña literaria, inédita ata o de agora.

Acompañan na hibridación deste libro as fotografías do artista e fotógrafo, tamén ourensán, Antón Buciños. Fotógrafo que percorre ao ancho e longo o territorio ourensán etc para rexistrar desde detalles ata horizontes. Imaxes conseguidas a base de pedaladas que non poden non deixar indiferente a ninguén. Imaxes capturadas desta terra chea de confíns ou sen chegar a eles, recunchos e espazos enormes que están aí se erguemos ou comezamos a erguer un pouco máis a cabeza. El móstrao. É posible.

Desde Saurobuks temos en mente moitos proxectos mais Saurobuks é unha editora pequeniña e autoxestionada. Non temos ánimo de lucro e polo de agora as cousas vanse sufragando basicamente co retorno das vendas das nosas edicións anteriores ou doutros proxectos. E así imos camiñando, tentando autoconvencernos e tentar convencer de que se poden facer moitas movidas dunha maneira autoxestionada e ir por canles que poidan, dunha maneira alternativa, facer conxunción das xentes de aquí e de acolá.

O outono está aquí, non o podemos evitar… Construamos unha grande fogueira coas follas secas e brindemos á saúde de Carlos Rafael e Antón Buciños!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close