fbpx
MARUXA P-90 Sabrafén Luthier
www.sabrafen.com

‘Baltasar Lobo. La soledad del escultor’. Documental na Cambalhota, Allariz

Compárteo!

14 Decembro, 2019 18:30 - 19:30

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Baltasar Lobo. La soledad del escultor. Proxección do CSA Cambalhota AllarizAproveitando como escusa a clausura da exposición de escultura de Jorge Varela ‘As estatuas non chegan sempre ao seu destino’, o CSA Cambalhota de Allariz proxecta o documental Baltasar Lobo. La soledad del escultor

Sinopse:
Cóntase a vida e a obra, en paralelo, do escultor zamorano Baltasar Lobo (1910 – 1993). Fillo dunha familia humilde, logrou estudar Belas Artes en Valladolid e Madrid grazas a bolsas.

A Guerra Civil pasouna en Madrid e Barcelona, defendendo a República xunto á súa compañeira Mercedes Guillén, fundadora da organización anarco-feminista “Mulleres Libres”, e a súa militancia en CNT próxima a un anarquismo moi persoal levárono ao exilio: campo de concentración en Argelès (Francia) e nova vida de novo artista en París, grazas á axuda de Picasso, sobrevivindo na clandestinidade e na pobreza.

Vive na capital francesa as vicisitudes da ocupación nazi e as penurias do exilio republicano xunto a sinalados intelectuais españois, traballa en varios talleres, entre eles o do escultor francés Henry Laurens, e realiza unha ampla obra en solitario ata a súa morte.

As súas esculturas atópanse en museos de Europa e algúns de América así como en coleccións
privadas e públicas de máis de medio centenar de países, cunha valoración crecente desde o seu falecemento. Unha xenerosa doazón ao Concello de Zamora permitiu a instalación alí dun museo e unha mostra das súas esculturas ao aire libre, no castelo medieval, que será ampliado proximamente nun novo edificio con centenares de obras, ata o de agora almacenadas.

Ficha técnica:
Duración: 60 minutos.
Guión e Dirección: Agustín Remesal
Produtora: HEPKRA Digital S.L.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close