fbpx

Aterse ás consecuencias. Expo Alfonso Rodríguez + Wordsnoise

Compárteo!

5 Setembro, 2020 19:30

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Aterse ás consecuencias. Expo Alfonso Rodríguez WordsnoiseO vindeiro sábado 5 de setembro ás 19:30h inauguramos na Cambalhota a exposición de collages de Alfonso Rodríguez, Aterse ás consecuencias.
Para nós é unha alegría porque a este artistazo querémoslle moito na Cambalhota, e por riba haberá concerto de Wordsnoise, grupazo!!!

Aterse ás consecuencias é unha exposición decolaxes de Alfonso Rodríguez, técnica que o autor explora desde hai xa moitos anos e que xa a experimentaba na confección de fanzines punk a comezos dos noventa.

Ao longo destes últimos anos, no seu lokal do barrio do Couto, en Ourense, leva fragmentado e desfragmentado revistas de todo tipo para conquerir plasmar unha estética que vaia máis alá do belo (aínda que ás veces poida atopalo), na procura de transmitir as súas inquedanzas, tanto subconscientes como conscientes, nunha morea de eidos vitais ou ás veces ao contrario que fan fincapé no persoal, o sexual, o social, o político, o universal…

Non pretende o autor afinar preciosismos, senón poñer desorde nesta orde dominante, machucante e vírica onde se nos fai crer que todo debe encaixar nun puzzle preconfigurado, cando o que é preciso é desfacer os puzzles e que as pezas bailen todas tangos, vals, twist ou pogo salvaxe.
Así tenta vampirizar as mensaxes, subliminais ou non, do imperante e aillalas recompoñendo as súas propias mensaxes que dan a volta e precipítanse no surreal, ás veces con humor.

Alfonso Rodríguez xa nos advirte que nos ateñamos ás consecuencias de visitar e observar os seus colaxes porque non atoparemos demasiados equilibrios. Os desequilibrios destas obras son fundamentais para lograr o verdadeiro equilibrio para o autor.

Avisadxs quedan! Despois non veñan dicindo…

Para escoitar e ver a Wordsnoise:

https://wordsnoise.bandcamp.com/?fbclid=IwAR3oHb57wzQBP-1-BTNYAarly8ycao4_lDlAs1U6v5xM_GgOsVe5_1KumS4

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close