fbpx

As mil e unha noites en Baños de Molgas

Compárteo!

7 Agosto, 2019

Parque Ansuíña, Baños de Molgas

Parque Ansuíña, Baños de Molgas

  • Localidade

    Baños de Molgas

As mil e unha noites Espectáculo familiar do Teatro Ghazafelhos para achegarlles estas coñecidas historias aos máis cativos.

Sinopse: Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de como  o seu enxeño logrou cativar a un dos sultáns máis despiadados de toda Persia. Tratátase de…   As mil e unha noites!

Tres personaxes chegan nun carromato decorado como as antigas historias de Bagdad. Entran anunciando unha historia máxica da lonxana Persia. Subidos en zancos, con aspecto de xenios convidan o publico que se acomode ao redor do carromato que se transforma no escenario  en cuestión de segundos. A continuación, introdúcese  ao público nun ambiente máxico con incenso, coxíns, teas e un contador de historias que evoca a  antiga Persia. Unha vez creado o ambiente axeitado comeza a narración das mil e unha noites coa participación activa do público.

Espectáculo familiar de Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close