fbpx

Arlequina – Monicreques do Kukas

Compárteo!

14 Abril, 2019 12:00

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

Arlequina - Monicreques do Kukas

Arlequina – Monicreques do Kukas

Espectáculo de gran formato dirixido a todos os públicos que combina o traballo de actor e a pantomima coa animación de marionetas e a maxia coa música en directo nun espazo escénico polivalente e suxestivo no que todos os elementos forman parte da divertida, misteriosa e trepidante aventura que supón a viaxe dunha peculiar e curiosa marioneta chamada Arlequina na busca da súa identidade contando para iso coa axuda de Marchelinoun vello e estrafalario artista e titiriteiro.

Con este espectáculo queremos crear sinerxías de colaboración e creación con e entre diferentes artistas que nos últimos anos teñen traballado en diferentes espectáculos de Os Monicreques de Kukas e que ao mesmo tempo manteñen liñas de traballo propias como Zoar Ensemble, Teatro de marionetas Trécola, Títeres Alakrán, Jorge Casas Caneiro, Miguel Cabaleiro e Larraitz Urrozola para coa súa aportación propia e baixo a dirección escénica e artística de Isabel Rey e Marcelino de Santiago crear un espectáculo cunha posta en escena moi coidada tanto dende o punto de vista dos recursos plásticos como dos musicais, sonoros, luminosos, técnicos e escénicos co que celebrar e festexar o 40 aniversario da compañía.

Prezo: 5€
Sala principal
Público infantil a partir de 4 anos

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close