fbpx

‘Árbores QUE NON ARDEN. As mulleres na prevención dos incendios’. Presentacicón

Compárteo!

28 Novembro, 2019 21:00

Libraría Eixo

C/ Cardenal Quevedo, 36 Baixo Orense

  • Localidade

    Ourense

'Árbores QUE NON ARDEN. As mulleres na prevención dos incendios'. PresentacicónO día 28 de novembro, ás 20:00 horas, acolleremos en Eixo a presentación do libro ”ÁRBORES QUE NON ARDEN. As mulleres na prevención de incendios forestais”, no que se analiza o papel das mulleres nos eidos propios duna labor tan esencial como ven sendo últimamente a prevención dos incendios forestais.

Facendo “unha panorámica superficial do mundo do lume, a presenza de mulleres resulta aparentemente anecdótica. A súa visibilidade nos distintos escenarios do complexo quebracabezas que supón a problemática dos incendios forestais en Galicia, é moi reducida: demasiado…

Para afondar nesta cuestión o equipo do @Proxecto Batefogo reúne neste volume achegas de diferentes autoras que, desde a súa disciplina, reflexionan sobre o papel das mulleres na prevención e extinción dos incendios forestais.

O equipo do Proxecto Batefogo está composto pola enxeñeira agrónoma @Celsa González Ogando, Paula Lubián Fernández, Miguel Pardellas Santiago e Brais PérezGómez, unha enxeñeira agrónoma, dúas educadoras ambientais licenciadas en Ciencias Ambientais e un asesor especializado en cooperativas que se xuntaron un día para traballar conxuntamente na prevención dos incendios forestais con ferramentas de intervención social. Conscientes de que
as solucións á problemática dos incendios están no terreo do social, e
empregando como ferramentas a educación e a participación, traballan nas
comunidades máis directamente afectadas polos lumes para abordar as súas causas estruturais e deseñar colectivamente propostas de actuación”.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close