Máis
4 Abril, 2020 12:00
Ribadavia
Ribadavia
Localidade
Ribadavia
Anni B Sweet chegará a Ribadavia con toda súa banda para presentar o seu cuarto disco, o primeiro en castelán, da súa carreira, ‘Universo por estrenar’, editado en 2019.
A Praza Maior de Ribadavia acollerá este concerto en sesión vermú o sábado 4 de abril, con entrada de balde, despois da actuación dos YAWNERS, que presentarán “Just Calm Down”, o seu segundo longa duración.
Xusto despois, ás 14 h, pinchará DJ Isaac Pedrouzo.
‘Universo por estrenar’, editado en maio de 2019, supón un cambio total respecto aos seus traballos anteriores, xa que ademais de pasar do inglés ao castelán, lánzase ao pop perfeccionista con arranxos de electrónica retrofuturista.
Compositora e músico malagueña, Anni B Sweet debutou en Subterfuge Comunicacion no 2009 con “Start, Restart, Undo”, un disco de folk melancólico e delicado, cando aínda non cumplira os 18 anos, e rapidamente despuntou ata a primeira liña da música española dando despois o salto internacional, cun disco que foi publicado en 11 países mais e estivo xirando por América, Europa e Asia.