fbpx

ANIMAL SAGRADO, INFANTIL

Compárteo!

17 Novembro, 2019 12:00

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

  • Localidade

    Ourense

ANIMAL SAGRADO, INFANTILAnimal sagrado presenta ese amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: o gato en Exipto, o elefante en África e os peixes Koi en Xapón. Todos eles animais ben coñecidos para @s nen@s de hoxe.
Preténdese, desta maneira, establecer un nexo de unión entre a historia pasada e a historia presente, trazando un arco que transite desde o próximo e cotián ata o afastado e exótico; desde realidades concretas ás que temos acceso, como os gatos nos refuxios de animais e a caza masiva de elefantes, ata as lendas milenarias de Xapón e a cultura do Antigo Exipto.
Idade recomendada + de 6 anos
Entradas: ataquilla.com | Sala Afundación (Praza Maior, 4 – 902 504 500) | O propio día na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close