fbpx

Andrés Montes en acústico

Compárteo!

5 Xuño, 2021 21:30 - 23:55

Náutico de Castrelo

Cortiñas, s/n - 32430 (Castrelo de Miño)

988493245

Organizado Por

Náutico de Castrelo

988493245

  • Localidade

    Castrelo de Miño

Solpores 2021 xunho

Volven os #SolporesNoNáutico e volve Andrés.
Un ano despois, exactamente, da súa primeira aparición pública post-pandemia. Un ano despois, exactamente, do noso primeiro concerto post-pandemia. Aquel concerto no que Andrés non quixera cobrar nada e nós doamos o seu caché (e un chisco máis) aos proxectos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela sobre a COVID19, polo que era de lei que este ano abra os nosos Solpores.
Andrés Montes en acústico, íntimo e en directo. El coa súa guitarra. Para acompañarnos durante a cea.

Lembrade que, coa normativa vixente:

  • é imprescindible reservar para cear
  • despois das 23:00 horas non pode haber clientes que non estean ceando ou estiveran ceando
  • o uso da máscara é obrigatorio agás no momento de consumir
  • deberedes cubrir unha folla cos vosos datos para facilitar o rastrexo en caso de que aparece algún caso de infección.
PRAZAS LIMITADÍSIMAS. Así que procurade chamar o antes posible ao 988 493 245

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close