fbpx

Alba Cid presenta ‘Atlas’ en Ourense

Compárteo!

10 Xaneiro, 2020 20:00

Punto e Coma

Organizado Por

Punto e Coma

  • Localidade

    Ourense

Alba Cid presenta AtlasEste venres 10 de xaneiro, ás 20:00h, celebrarase na libraría Punto e Coma de Ourense (Rúa da Paz, 15) a presentación do poemario Atlas de Alba Cid. Acompañando a autora estará a poeta Chus Pato. Levaremos reflexións, anécdotas, sorpresas.

Un Atlas (Galaxia, 2019)
Un poemario que camiña desde aquela primeira “historia natural” dos tulipáns que escribira cinco anos atrás, ao volver de Turquía, até un ensaio final; que salta, imantado pola fascinación, as etimoloxías ou os obxectos; que se move. Oxalá tan vivo coma esa partida de voleibol das rapazas da portada, nas montañas do Karakorum.

“Os poemas e as fotografías fan calas nos cinco continentes e desprázanse adiante e atrás na historia á procura de encrucilladas luminosas. Unha nova cartografía. Un novo planeta.” 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close