fbpx

A rota das concertinas. Olelas – Ribeiro de Abaixo

Compárteo!

7 Agosto, 2019 09:00

Olelas

Olelas, Ourense

  • Localidade

    Olelas - Ribeiro de Abaixo

A rota das concertinasO día 7 de agosto celébrase A rota das concertinas, unha ruta que vincula o sendeirismo coa música, entre a raia de Galiza e Portugal.

A camiñada sairá de Terrachán (Entrimo) ás 9:00 da mañá, para desprazar ás participantes en autobús ata Olelas, aldea musical, centro neurálxico da concertina.

Desde Olelas camiñarase nunha ruta de dificultade media-baixa, apta para maiores e pequenos, ata o Ribeiro, en Portugal, guiada polo músico e escritor Xurxo Souto. Serán varias as paradas para tocar e compartir no camiño historias e melodías de Olelas.

Ao chegar ao Ribeiro celebrarase un xantar de confraternización con empanada, lacón, pan, auga e viño, incluídos no prezo da inscrición.

Arredor das 17:00 volverase a Terrachán. Ao acabar o acto un autobús devolverá ás persoas que veñen desde Olelas ata o seu lugar de orixe.

PAGAMENTO:
Persoas de Entrimo: efectuarase o pagamento no propio concello de Entrimo, á atención de María Isabel.
Persoas de fóra de Entrimo: efectuarase o pagamento o día da rota, antes de entrar ao autobús. Prégase levar o diñeiro xusto.
ALOXAMENTO:
Gratuíto: habilitarase o deportivo municipal en Entrimo para aloxar a persoas que queiran ir a noite antes. Deberán levar os enseres necesarios (saco de durmir, chanclas para a ducha…) para pernoctar.
De pago: hoteis e pousadas en Entrimo.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close