Máis
6 Novembro, 2020 18:00
Organizado Por
Consello da Cultura Galega
Localidade
Evento Virtual (Internet)
A actividade non será presencial. Será retransmitida a través do web www.consellodacultura.gal e da súa canle en youtube nas horas indicadas e logo permanecerá na Mediateca para consultas futuras.
- Non é necesaria inscrición previa. Se queres participar nos debates en directo podes facelo a través do correo participa@consellodacultura.gal
18:00h
A recepción internacional da obra de Concepción Arenal Ponte
Celia Pereira Porto, avogada laboralistae membro da Sección de Pensamento do CCG
A acollida de Concepción Arenal Ponte na emigración
Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea na USC e vicepresidente do Consello da Cultura Galega
Clausura das xornadas
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
O 31 de xaneiro de 1820 nacía en Ferrol a pensadora e escritora Concepción Arenal Ponte. Douscentos anos despois do seu nacemento, queremos conmemorar esa efeméride analizando o seu legado e valorando a súa vixencia, con rigor e tratando de evitar os anacronismos, coa finalidade de difundir a súa obra e pensamento, entre un público interesado, mais non só especializado, para que se coñeza, máis alá do seu nome e dalgunhas frases soltas descontextualizadas, e en especial aquelas ideas que, aínda hoxe, gozan de maior actualidade e interese. Realizaremos ese percorrido retrospectivo pola súa biografía e obra a través dos lugares do país que máis a marcaron: Ferrol, A Coruña e Vigo. E remataremos en Santiago de Compostela, onde daremos conta da súa proxección internacional. Queremos honrar así unha figura destacada da nosa historia cuxa fonda pegada aínda permanece.
A proxección de Concepción Arenal fóra das nosas fronteiras
Non existe constancia ningunha de que Concepción Arenal saíse en toda a súa vida do territorio español; porén, o seu nome e boa parte das súas obras viaxaron con frecuencia por moitos países. En Compostela, destino de camiños de peregrinación e lugar habitual de encontro entre moitas linguas e culturas diversas, analizaremos a recepción internacional que tivo a súa obra, así como a acollida da que gozou nos países de emigración galega.