fbpx

A formiga fóra do carreiro. Peza de teatro ilustrado

Compárteo!

31 Xaneiro, 2019 19:30 - 20:30

Libraría Eixo

C/ Cardenal Quevedo, 36 Baixo Orense

  • Localidade

    Ourense

A FORMIGA FÓRA DO CARREIRO, con texto de Raquel Castro e ilustracións de Ángela Álvarez Paula, ensínanos que todos buscamos o noso destino: as formigas tamén. Ou cando menos esta formiga que vai ter que enfrontarse a un feixe de animais de toda clase que non deixan de dicirlle o que debe facer e como se debe comportar cando ela, en realidade, o que quere é ser libre e feliz. Unha obra moi divertida protagonizada por unha bichería inesquecible.
Eixo acolle a presentación en Ourense deste libro contendo unha peza teatral para os nosos rapaces.

Raquel Castro, nacida en Salvaterra de Miño no 1971, é profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario. Dedícase ó teatro dende o ano 1999, cando comezou a dirixir grupos, a impartir talleres, a escribir obras polas que recibiu entre outros e no ano 2014 o Premio de Honra na Estornela de Teatro que convoca a Fundación Xosé Neira Vilas. Actualmente dirixe o Grupo de Teatro da SDC de Salvaterra.

Ángela Álvarez Paula, con só 20 anos foi elexida por Galaxia para ilustrar o libro tras amosar á editorial os seus traballos. Despois de completar un ciclo de Ilustración, na actualidade cursa o ciclo superior de Diseño Gráfico na escola Antonio Faílde de Ourense.

O día 31 estarán as dúas en Eixo para falar de libros, ilustracións e teatro para nenos: amigos, non vos hai plan mellor.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close