fbpx

A Banda da Loba no De Perto

Compárteo!

12 Xullo, 2019 22:30

O Malecón – Ao pé do Río (O Barco de Valdeorras)

Parque do Malecón. O Barco de Valdeorras

  • Localidade

    O Barco De Valdeorras

A Banda da Loba no De PertoA Banda da Loba é un grupo de música galega integrada por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias individuais para crear un proxecto colectivo: Andrea Porto (guitarra e baixo), Estela Rodríguez (violín), Inés Mirás (guitarra e teclado), Marcela Porto (batería e percusións) e Xiana Lastra (voz).

Mesturando pop, blues, folk, rock e sons tradicionais crean un estilo musical de seu, heteroxéneo e singular. Bailando as rúas é o título do seu primeiro traballo, enteiramente autoproducido e editado a finais de 2017. En marzo de 2018 gañaron o certame aRi[t]mar de música galega portuguesa.

A identificación da banda con Pepa a Loba, a lendaria bandoleira galega do século XIX, vén da pretensión de darlle valor á capacidade da muller e á necesidade de que a muller colla as rendas e sexa consciente de que pode facelo todo sen axuda de ninguén, como A banda da Loba as súas cancións, os seus discos, o deseño gráfico, a autoprodución da xira. Ademais, expresan o seu desexo de dar outra acepción á loba como animal, moitas veces empregada coma un insulto.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close