fbpx

A BANDA DA LOBA no Auditorio de Ourense

Compárteo!

14 Febreiro, 2020 20:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/11142-19196-detail/-fabrica-de-luz-en-ourense-a-banda-da-loba.jpgDespois do éxito acadado co seu primeiro disco, Bailando as rúas, A banda da Loba presenta o seu segundo traballo, Fábrica de luz, composto por doce cancións que prometen non deixar a ninguén indiferente.

Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.

A banda da Loba é música con M de muller, diversidade, enerxía e música caleidoscópica que bebe de tódalas fontes totalmente libre de complexos. Os seus directos son adrenalina, compromiso e diversión a partes iguais.

Únete á fabricación!

ENTRADAS: 6€  Mercar aquí

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close