fbpx

9º Encontro de Danza Interuniversitaria

Compárteo!

Comeza en 12 Días, 7 Horas

3 Maio, 2019 22:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

9º Encontro de Danza Interuniversitaria. Aulas Universitarias e compañias de Danza de Galicia9º Encontro de Danza Interuniversitaria. Aulas Universitarias e compañias de Danza de Galicia.

AULA DE DANZA NORMAL DA UDC (A CORUÑA) con ACCIÓNS
DIRECCIÓN: Rut Balbis
Normalmente unha acción implica movemento ou un cambio de estado ou situación, un punto de partida perfecto para os nosos corpos. Despois, as accións poden transformarse nas imaxes, nas historias, nos lugares que queiramos soñar.
 A peza deste ano constrúese viaxando a través destas accións cotiás que collerán un rumbo especial a través da mirada de cada unha.

TICS – COLECTIVO ESCÉNICO (OURENSE) con ARRÍTMICAS
DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA: Patricia Varela Díaz
As Arrítmicas son un equipo composto por 6 personaxes atónitas, descoordinadas e tan rudas como ríxidas. Expulsadas de toda competición, nunca conseguiron demostrar mestría. Aproveitan calquera evento para facer a súa aparición cunha peculiar posta en escena que desborda expresividade e provocan no público todo tipo de sensacións contraditorias.

MIRIAM CENTRO DE DANZA (OURENSE) con SOS
DIRECCIÓN / COREOGRAFÍA: Miriam Rodríguez
A incidencia abusiva do home na natureza.

E ADEMAIS, CERTAME DE ARTES DO CORPO D-OU-TRAS

MITEU

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close