fbpx

8 miles do Xurés – 1ª ruta – Serra Amarale (Xerés / Gerês)

Compárteo!

9 Marzo, 2019 10:00 - 19:30

Entre Ambos Os Rios (Portugal)

Entre Ambos-os-Rios (Portugal)

  • Localidade

    Entre Ambos-os-Rios (Portugal)

Primeira ruta do proxecto de sendeirismo “8 miles do Xurés“. Comezamos esta nova edición subindo ao alto da Serra Amarela no Gerês cunha altura de 1.359. Sairemos da aldea de Ermida, unha aldea nas faldas desta montaña imponente, situada a uns 600 metros de altitude. A ruta ten unha dificultade moderada, con algúns tramos pechados pola maleza baixa e tramos de baixada en terreo pedregoso. Distancia da ruta: 22 km circulares. O xantar farase no alto da serra e logo faremos a baixada ata o lugar de inicio na Ermida (cada participante levará a súa comida)

O prezo da ruta é de 12 euros para soci@s e 15 euros para non soci@s. O prezo inclúe un almorzo compreto no lugar de encontro, froita para a ruta, guía e todos os seguros obrigatorios de accidentes e RC.

Recomendamos: botas ou calzado adecuado para unha ruta de montaña; bastóns; roupa axeitada e de abrigo para cando estemos no alto; chuvasqueiro por si puidese chover.

Lugar de encontro (clicar para abrir mapa): Entre Ambos os Ríos, en Portugal

Dende alí subiremos en coches ata a Ermida (a uns 15-20 minutos) subiremos nos menos posibles, xa que alí hai pouco espazo para deixalos. Como a ruta é circular voltaremos aos coches e de aí de volta ao punto de encontro onde poderemos rematar a xornada tomando algo nalgunha taberna da aldea.

A estrada que leva a Ermida é de gran beleza, seguindo o curso dun río que forma pozas e pequenos saltos de auga, se temos sorte e choveu poderemos observar unha fervenza nas montañas.

Para inscribirse haberá que enviar un correo a liriodoxures@gmail.com ou chamar ao teléfono (0034) 696 760 910

As prazas son limitadas polo que recomendamos anotarse canto antes.

Uns días antes mandaremos toda a información relativa a ruta: hora de encontro, indicacións para chegar ao punto de encontro, recomendacións para a ruta, información metereolóxica…

Agardamos vervos na serra!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close