Máis
4 Xullo, 2020 19:00 - 23:55
Allariz
Allariz, Ourense
Organizado Por
Fundación Vicente Risco
Localidade
Allariz
Con todo o sentidiño e con algúns cambios necesarios para garantir a seguridade de todxs, xa temos data!
Volve, por sétimo ano consecutivo, o Ponme un Poema!, un roteiro poético nada convencional que percorre 4 locais da vila e un concerto final, e volvemos contar con 2 artistas de luxo para as respectivas seccións deste evento:
Carlos Meixide será o encargado de amenizar, coa súa poesía ‘primordialmente performática’ -e chea de retranca e humor, engadimos nós- o roteiro polos 4 locais.
A gran cantante e compositora galega Sheila Patricia, coa súa potente e fermosa voz, será a encargada do concerto final que este ano celebraremos no xardín da Fundación Vicente Risco.
ROTEIRO – A partir das 19:00h.
A Despensa do Alarico > Fio de Liño – Allariz > Vinoteca A Micalla > Bule Bule
ESTA ACTIVIDADE REALIZARASE FINALMENTE NA RÚA, FRONTE Á PORTA DOS LOCAIS, PARA PODERMOS MANTER A DISTANCIA DE SEGURIDADE.
Carlos Meixide
Novelista prolífico e prosaico, de protuberante e proteica presenza, preténdese o probe tamén poeta, primordialmente performático, de prodixiosa memoria, humor presto e prácido luar.
Isto é o que o propio autor di de si mesmo, e non seremos nós, dende o Ponme un Poema!, quen lle restemos nin unha migalla de razón!
Carlos Meixide -agora en serio (?)- é un prolífico novelista, poeta, editor, xornalista, actor e humorista. Nesta última faceta foi moi coñecido como integrante do dúo humorístico-musical ‘Os da Ría’, xunto a Tomás Lijó.
CONCERTO – 22:00h.
Xardín da Fundación Vicente Risco (entrada por Rúa Castelao, 10)
Sheila Patricia experimenta nos ultimo anos unha clara influencia do folk pero cunha fusión con sons electrónicos. Conserva a esencia do seu acústico inicial, pero non dubida en experimentar con estas novas texturas que a industria nos achega nestes case anos 20.
Actualmente está a gravar o seu próximo disco, “Mar e Terra”, producido por ela mesma e gravado nun estudio no corazón de Galiza.
Sheila Patricia ofrece un espectáculo no que, ademais da súa prodixiosa voz e a súa inseparable guitarra, xoga con bases e efectos electrónicos (loopers).
Movementos sonoros que apuntan ao jazz, sen perder a esencia da música galega.
O ROTEIRO POLOS 4 LOCAIS E AS SÚAS MARIDAXES:
Tapa: Pan de Faragullas con Queixo do Cebreiro e marmelada de sabugueiro.
Bebida: Viño Triay (Mencía)
Tapa: ‘Camiño de Paixóns’: Berenxena, queixo de cabra, marmelada de pementos e cebola acaramelada.
Bebida: Viña Reboreda (Treixadura, Palomino, Torrontés, Godello) ou Caña Amstel Oro
3.- VINOTECA A MICALLA
Tapa: Minitosta de sardiña afumada.
Bebida: Muros Antigos (Loureiro)
4.- BULE BULE
Tapa: Champiñón recheo de Pork Stuff e Queixo de Arzúa
Bebida: Pazo Mariñán (Mencía) ou Adeus (Treixadura, Torrontés, Godello)
INFORMACIÓN DE INTERESE E MEDIDAS DE SEGURIDADE E PREVENCIÓN COVID-19
* A actividade poética realizarase fronte á porta dos 4 locais. No caso de Fío de Liño, a maridaxe e/ou consumicións serviranse no local, pero a actividade poética terá lugar na praza da Rúa da Cruz.
* As maridaxes ofrecidas en cada local teñen un prezo de 3 €. Adquirirdes estas maridaxes e/ou consumir nos locais colaboradores é a mellor maneira de colaborar coa realización deste evento e apoiar os locais colaboradores.
* [ACTUALIZADO]: as maridaxes pagaranse este ano directamente nos locais, e non a través de tíckets, para evitar o máximo posible os contactos.
* A bebida que acompaña as maridaxes poderá ser trocada por unha alternativa sen alcol.
* Durante o concerto haberá servizo de barra de bar. Prégase comprensión e colaboración coas traballadoras deste servizo para axudar en todo o posible a manter as medidas de hixiene e seguridade necesarias neste momento.
* A organización, xunto cos locais, velará por manter todas as medidas de seguridade e hixiene posibles.
* Prégase encarecidamente ó público manter en todo momento a distancia de seguridade entre persoas non conviventes e o uso de máscara sempre que sexa posible, sobre todo no momento de mercar tíckets e consumicións.
GRAZAS!