fbpx

XVI Xornadas para a Igualdade. Allariz (6 a 18 de marzo)

Compárteo!

6 Marzo, 2020 Todo o día

Allariz

Allariz, Ourense

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

Xornadas Igualdade Allariz programa

Allariz acolle as XVI Xornadas para a Igualdade dende o 6 ata o 18 de marzo, que xirarán arredor da vulnerabilidade.

Baixo o eslogan “Non hai home nen muller tan brava que non amoleza ca xeada” a programación, que se desenvolverá en varios espazos da vila dende o 6 ao 18 de marzo, centrarase na celebración de charlas, obradoiros, faladoiros, teatro, cine, para homes e mulleres e unha nova sesión da mesa de coordinación contra as violencias.

– As xornadas inauguraranse cun obradoiro para Doulas Sororas e outro para parellas impartidos por Almudena Herranz, sexóloga do Instituto de Sexoloxía Incisex.

– O día 8 o Concello súmase a folga de coidados e de consumo convocada polo movemento feminista.

– Ata o día 18 as actividades programadas serán múltiples rematando as xornadas cun faladoiro “Parrafada na tasca” moderado pola sexóloga e educadora familiar do Concello de Allariz Uxía Fernández.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close