Máis
6 Marzo, 2020 Todo o día
Allariz
Allariz, Ourense
Organizado Por
Concello de Allariz
Localidade
Allariz
Allariz acolle as XVI Xornadas para a Igualdade dende o 6 ata o 18 de marzo, que xirarán arredor da vulnerabilidade.
Baixo o eslogan “Non hai home nen muller tan brava que non amoleza ca xeada” a programación, que se desenvolverá en varios espazos da vila dende o 6 ao 18 de marzo, centrarase na celebración de charlas, obradoiros, faladoiros, teatro, cine, para homes e mulleres e unha nova sesión da mesa de coordinación contra as violencias.
– As xornadas inauguraranse cun obradoiro para Doulas Sororas e outro para parellas impartidos por Almudena Herranz, sexóloga do Instituto de Sexoloxía Incisex.
– O día 8 o Concello súmase a folga de coidados e de consumo convocada polo movemento feminista.
– Ata o día 18 as actividades programadas serán múltiples rematando as xornadas cun faladoiro “Parrafada na tasca” moderado pola sexóloga e educadora familiar do Concello de Allariz Uxía Fernández.