fbpx

6 cubos negros en corpo blanco. Teatro n’O Carballiño

Compárteo!

9 Marzo, 2019 20:30

Auditorio do Carballiño

Av. do Balneario, 28 32500 O Carballiño Ourense

  • Localidade

    O Carballiño

6 cubos negros en corpo blanco é unha traxicomedia a cargo de Aporía Escénica. Unha traxicomedia sobre a opresión familiar con tinturas de humor negro e absurdo.

Unha peza na que agroman os delirios e desexos reprimidos establecendo unha conexión co universo lorquiano de A Casa de Bernarda Alba.

Cinco actrices en escena habitan un espazo en branco e negro a cabalo de dúas épocas, subxugadas pola onmipresencia do frío que emana do gran frigorífico branco. Asistimos á desconxelación gradual dos corpos desde o hieratismo á ‘organicidade’, nunha inquietante atmosfera na que destacan as queixas do violín.

6 cubos negros en corpo branco forma parte de HEPTAGONÍA, un proxecto a longo prazo que se compón de sete espectáculos que pretenden dar luz ao conflito vital da muller na sociedade actual. Trátase de darlle a volta a idea da creación do mundo xudeocristiana e convertela na palabra das deusas, das mulleres traballadoras: “A muller creou o seu propio mundo e ao sétimo día traballou”.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close