fbpx

24 instrumentos populares galegos con Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

Compárteo!

18 Setembro, 2020 00:00

Brués (Boborás)

Brues , Boborás

     24 instrumentos populares galegosSuso Vaamonde e Xosé Lois Romero presentan unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos.

    A longa traxectoria destes músicos arredor do folclore, como fundadores ou colaboradores de destacados grupos como Leliadoura, Luvas Verdes, o Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza, Xacarandaina ou Aliboria, e a súa condición de virtuosos multiinstrumentistas permítelles ofrecer unha selección de músicas nun ameno concerto, no que interpretarán pezas do repertorio tradicional galego a dúo, combinando con mestría 12 instrumentos melódicos e 12 instrumentos de percusión, adobiadas con explicacións sobre a súa construción, xeito de se tocar, historia e outras curiosidades.

    Entre os instrumentos que poderemos descubrir durante o concerto están distintos tipos de gaitas, a zanfona, dous tipos de acordeóns, requintas e frautas, ocarinas e asubíos, así como unha grande variedade de percusións, como o bombo, o tambor, a pandeireta, a pandeira, o pandeiro, lata, tixola, tarrañolas ou charrasco.

    Ademais, amosarase como evolucionaron estes instrumentos ao longo do tempo, principalmente nestes últimos anos, tanto na súa construción coma nos seus usos e posibilidades.

    Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

    The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

    Close