fbpx

(212) MEDEA. Teatro en Ourense coa MITEU

Compárteo!

27 Abril, 2019 20:30

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

(212) MEDEA - XXIV MITEUO mito de Medea, a muller que deixou atrás todo polo seu amor a Jasón e que, despois, foi abandonada á súa sorte en terra estranxeira, foi versionado en numerosas ocasións por diversos autores desde Eurípedes a Heiner Müller, pasando por Séneca ou Unamuno.

(212) MEDEA é unha traxicomedia contemporánea con tintes policíacos na que se dá un novo xiro ao mito clásico. Nela, Medea é unha coñecida meteoróloga dunha cadea televisiva actual. O seu estatus de muller estranxeira, despoxada de todo e desprezada por todos, perfilaa como “chibo espiatorio”. Si, Medea rebélase contra o seu destino precipitando o caos, pero o ambiente hostil e o clima adverso que a rodea ata a asfixia, quizais a condenase antes de tempo…

AUTOR: Víctor M. Díez
DIRECCIÓN:
Javier R. de la Varga
COMPAÑIA:
Teatro El Mayal – ULE. León

DURACIÓN: 1 hora e 20 minutos
DESCANSO: Non
CLASIFICACIÓN: Teatro
PÚBLICO: Adulto
TARIFA:

PREZO: 3€ – Entrada única

 

Espectáculo integrado na XXIV Mostra Internacional de Teatro Universitario – MITEU 2019

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close