fbpx

1º maio alternativo. Bloque Crítico Ourense

Compárteo!

1 Maio, 2019 12:00 - 14:30

Ponte Romana de Ourense

Ponte Romana de Ourense

  • Localidade

    Ourense

1º de maio alternativo. Saída as 12:00 da Ponte Romana.1º de maio alternativo. Saída as 12:00 da Ponte Romana. Organiza: Bloque Crítico de Ourense.

Hoxe os ataques á clase obreira son cada vez de maior magnitude. Nos últimos anos vimos como retrocedían moitas das conquistas que durante anos e anos o movemento obreiro tivo que conquistar e defender. O pretexto da crise económica serviu como catalizador para todo tipo de agresións e cortes de dereitos.

Aumentan os despedimentos e os expedientes de regulación; un aumento da represión perante calquera manifestación de disidencia e calquera forma de loita contra o sistema; incontables cortes en servizos básicos e universais… todo unido a unha corrupción sistémica escandalosa e obscena conforman un negro panorama que pode provocar que se instale na clase obreira a desesperación, o medo e a parálise.

Mais os tempos do silencio e da submisión quedan moi atrás, os traballadores e as traballadoras somos conscientes de este ser o momento de avanzar, impor a nosa forza e a nosa voz.

Primeiro de Maio: no traballo e na loita, conta con CNT:

O Primeiro de Maio é un día reivindicativo da clase obreira. E este ano, as rúas teñen que volver a encherse. Porque seguimos a sufrir unha perpetua crise que afecta a multitude de familias mentres o número de persoas millonarias aumentou ao dobre nos últimos anos. A patronal e os governos potencian de maneira pública ou soterrada unha economía neoliberal que supón quedarse con todos os beneficios, pagar nada ou o mínimo de impostos e privatizar progesivamente todos os nosos servizos sociais. Pero cando chegan as crises, entón queren socializar as perdas, para que paguemos entre todas e todos os seus excesos. E namentres, pretenden culpar da crise aos traballadores e traballadoras “por vivir por riba das nosas posibilidades”. Nembargantes, non se culpa aos bancos por enganar e roubar, ou ao governo por permitilo.

E este ano seguemos a padecer as últimas reformas laborais. A de 2012 sumada ás doce anteriores que sucederon desde 1977 e que supostamente naceron para mellorar a situación socio-laboral de traballadoras e traballadores, pero que serviron xusto para o contrario. Aínda non nos esquecemos da última, aínda que a a clase política leva anos tratando de enganarnos prometendo que a derogarían en canto chegaran ao poder. A CNT leva anos esixindo a súa revocación, pero non so desta reforma, senón de todas ellas, xa que o que precisamos é unha regulación laboral xusta, que equilibre a balanza, que recoñeza dereitos da clase traballadora, regulando e controlando de forma honesta os abusos do empresariado.

Pero traballadoras e traballadores van pouco a pouco tomando conciencia da súa situación. Por necesidade, ímonos organizando e uníndonos con persoas que sofren as mesmas privacións que nós. E aquí é onde entra a CNT con exemplos claros e tanxibles, conseguindo convenios e acordos baseados na nosa táboa reivindicativa que tratan de revertir parte dos efectos das reformas laborais das que falamos antes. Exemplo diso son as victorias en Hermanos Ruiz Morantes, Urbaser, Extraccións Levante, Alumalsa, nos Amarradores do porto de Barcelona. A estos súmanse outros frontes abertos a día de hoxe, como foi a folga de tres días en productos Florida cun 80% de participación, a folga na Comercializadora de Etisur, despedimentos derogados en Capgemini, as constantes victorias dos Figurantes de CNT con múltiples productoras, Clece, Exeo, Wesser ou Uber. Exemplos aos que se unen a loita e as melloras que van conseguindo o conxunto das nosas seccións sindicais.

-Co noso modelo sindical aprendemos e nos fortalecemos como clase traballadora.
-Noso modelo sindical fai que a patronal nos respecte.
-Co noso modelo sindical créase conciencia.
-Co noso modelo sindical non delegamos as decisións da nosa vida en terceiras persoas.
-Noso modelo sindical non confía na clase política para conseguir os seus obxectivos.

Esta é a nosa estratexia: loita polos nosos dereitos no traballo, avanzando na organización como clase traballadora e loita polos nosos dereitos nas rúas, xunto a todas aquelas persoas e colectivos que se mobilizan contra o capitalismo, o fascismo e a explotación. E este é o noso obxectivo: unha soa clase obreira.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close