fbpx

1º Campus Baloncesto Castelo de Allariz

Compárteo!

Máis

Comeza en 3 Meses, 4 Días

28 Xullo, 2019 a 3 Agosto, 2019 08:00 - 23:30

Máis Datas

  • 28 Xullo, 2019
  • 29 Xullo, 2019
  • 30 Xullo, 2019
  • 31 Xullo, 2019
  • 1 Agosto, 2019
  • 2 Agosto, 2019
  • 3 Agosto, 2019

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Asociación Baloncesto Alaricano

698 182 921

Rango de Idades

Nacidxs entre os anos 2002 e 2009

  • Localidade

    Allariz

Campus Baloncesto Castelo de Allariz

Campus Baloncesto Castelo de Allariz

1ª edición do Campus Castelo de Baloncesto, que terá lugar na vila de Allariz, onde xs xogadorxs desfrutarán dunha semana chea de adestramentos entre os días 28 de xullo e 3 de agosto de 2019.

A temática principal será o baloncesto, tentando que xs participantes coñezan e melloren aspectos do xogo tamén dende outras perspectivas e aspectos diferentes ao cotián. Pero non todo será baloncesto, senón que haberá tempo para coñecer Allariz, a fermosa vila ourensá, así como de realizar outras actividades de ocio e lecer, xuntanzas nocturnas e momentos para crear novas amizades e experiencias con compañeirxs de diferentes lugares.

Estará dirixido a nenos e nenas que nacesen entre os anos 2002-2009, ámbolos dous incluídos, e contará con dúas modalidades:

RÉXIME INTERNO
Realizaremos as actividades diarias do campus e teremos a nosa hospedaxe nas instalacións do camping “Os invernadeiros” dende o domingo á mañá (9:00h) ata o sábado ó mediodía (13:00h).

RÉXIME EXTERNO
Comezarán cada xornada de campus ás 9:15h, comerán no restaurante do camping xunto ao resto de compañeirxs, e rematarana ás 20:00h.

O bloque principal do campus será os adestramentos en pista, buscando a mellora técnico-táctica individual e o desenvolvemento das capacidades xa adquiridas, así como diferentes masterclass nas que poidan coñecer e traballar conceptos novidosos ou menos habituais, rematando cada día con diferentes competicións.

Outro importante obxectivo do campus será o de enriquecer os coñecementos baloncestísticos que xa poidan ter, mediante talleres de vídeo e análise de partidos, charlas arbitrais, coloquio con xogadoras/es profesionais…

E todo isto sen esquecer nunca a parte lúdica e social do campus, tendo así tempo de lecer e actividades de tempo libre e xuntanzas nocturnas.

Ademais, durante toda a semana realizaranse competicións, de maneira que o último día do Campus realizaranse sorteos e entregaranse regalos e premios para xs afortunadxs e gañadorxs.

PREZOS (CON DESCONTO POR INSCRICIÓNS ANTICIPADAS), CALENDARIO E CRONOGRAMA DAS ACTIVIDADES:
https://campusbaloncestoallariz.org

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close