fbpx
Compárteo!

19 Setembro, 2020 10:00 - 23:55

Ourense. Varios espazos.

Ourense

  • Localidade

    Ourense

Bela Auria 2020A Bela Auria está de volta! O sábado 19 de setembro volve a festa histórica de Ourense para recrear o esplendor cultural da nosa cidade nos anos vinte do século pasado.
Xusto cando se cumpre o centenario da publicación do primeiro exemplar da revista Nós, un universo mítico, máxico e plástico, acollerá máis de unha ducia de horas de programación recuperando o Ourense clásico, o fervedoiro cultural que era daquela a vida na cidade.
Podedes ir xa remexendo no baúl do faiado, na procura da mellor chaqueta, de boinas e chapeus, faldras e boas de plumas. Sacade as mellores roupas para modear con estilo na elegante, xeitosa, e lucida cidade de NÓS!!
Reserva o teu pase gratuíto en http://i.gal/abelaauria
Ou dende aquí: https://belaauria.wordpress.com/2020/09/12/programacion-e-reserva-de-entradas-para-a-bela-auria/

PROGRAMA

11h00 | Visita guiada: NÓS e Blanco Amor.
12h00 | Circanelo (Novo circo, por Fredi & Cía).
12h00 – 14h00 | NÓS URBANOS – Poesía polos barrios, con Antía Balvís, Carlos Da Aira, Tamila Alem e Ori Darko.
12h40 | O Nubinete e o paraugas Dameaugas. (Contacontos por Anxo Moure).
13h15 | Obradoiro de Lindy Hop.

13h30 | Sesión vermú: The Swinging

——-PAUSA PARA XANTAR——-

17h30 | Escape Room: O misterio das linguas de NÓS.
18h00 | NÓS, as mulleres. Visita teatralizada.
18h00 | Obradoiro de esgrima antiga.
18h00 | ACTO POÉTICO CENTRAL.
19h15 | Carmen Conde: Tabú. (Narración oral)
21h45 | Cinema musicado: A quimera do ouro.
23h30 | Concerto Marian Ledesma & Tinaquero Brothers.

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close