fbpx
Compárteo!

31 Outubro, 2019 18:00

Verín

Verín, 32600 Ourense

  • Localidade

    Verín

Noite de Medo 2019 Verín

O 31 de outubro terá lugarn en verín a quinta edición da “Noite de Medo”, que terá luga para celebrar o Samaín en Verín. Este ano, o prato forte será a posta en escena do espectáculo “Errantes”, que a compañía Troula Animación interpretará polas rúas de Verín a partir das 23:00 horas. Os máis pequenos tamén poderán gozar na Praza García Barbón, a partir dás 18:00 horas, de terroríficos obradoiros temáticos.

O espectáculo “Errantes” é un pasacalles que conta con instrumentos de percusión, zancudos, tragafuegos e varios terroríficos personaxes caracterizados que realizarán danzas rituais con espectaculares efectos pirotécnicos durante todo o percorrido:

«En noites de lúa nova Verín vólvese escura… orcos, trolls, alimañas… seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolvéndonos no seu delirio e facéndonos partícipes da súa tolemia, lévanos a facer unha peregrinaxe transportando no seu carro a maior das súas demencias: O ORLOC. Coidado!! Non os mires directamente ós ollos, xa que podes quedar atrapado nunha ETERNA VIDA ERRANTE!».

Obradoiros infantís
Por outra banda, tamén haberá un espazo reservado para os máis pequenos. A partir das 18:00 horas, realizaranse na Praza García Barbón varios obradoiros temáticos nos que os menores realizarán chapas, actividades de globoflexia, caracterización e maquillaxe especial halloween, así como moitos outros xogos temáticos.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close