fbpx

Toponimia da Provincia de Ourense, con Manuel Domínguez

Compárteo!

18 Xuño, 2019 20:30

Andén Primeiro

Avenida de Marín, s/n. Ourense

  • Localidade

    Ourense

Toponimia da Provincia de Ourense Manuel DomínguezImos rematar o curso da Vía Vella na compaña dun veciño d’A Ponte que, sen pretendelo el, tivo parte na xénese da nosa asociación e nos seus primeiros pasos.
Trátase de Manuel Domínguez, responsable de canedo.eu, esa páxina web indispensable para coñecer non só o noso barrio, como se deduce do seu nome, senón Galicia enteira, xa que o seu interese polo coñecemento fíxoo ampliar horizontes.

O próximo martes, día 18 de xuño, ás 20:30 h, no local do Andén Primeiro, teremos o gusto de escoitalo falar da Toponimia da Provincia de Ourense, que recolleu nun libro do mesmo nome.

Agardámosvos, viavellianas e viavellianos -cómprenos ir atopando un xentilicio!-, o martes para disfrutar do saber deste pontino que non se cansa de aprender e compartir o aprendido!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close