Engade eventos
Rexistrándote como usuario en O que, ho! non terás que agardar que un administrador valide os teus eventos, poderás editar (para corrixir ou ampliar info) os teus eventos en calquera momento, e terás acceso a moitas outras opcións para creares o teu evento dunha maneira máis completa para que chegue a máis xente:
Crear o teu propio “Organizador” e “Espazo(s)”, para que nos teus eventos apareza claramente quen o organiza e onde (con mapa de gmaps) ou novas categorías se non existe xa a que lle acae ó teu evento, indicar ligazóns (p.ex. onde mercar entradas), incluír facilmente vídeos de youtube, editar as imaxes (recortar, escalar, xirar), máis ferramentas para dar formato ó texto, eventos recorrentes que se repiten por semanas, meses ou anos ou varias datas separadas…
Rexístrate (crea unha nova conta)
Xa te rexistraches? Identifícate.
Non queres crear unha conta? Aínda podes engadir o teu evento dende aquí. Elixe o calendario (Allariz / Resto Provincia Ourense) e enche os datos (terás que esperar a que o administrador de O que, ho! revise o evento para que apareza -habitualmente, no mesmo día-).
Máis preguiceir@ aínda?
Se non che vale ningunha destas opcións pero aínda así queres que o teu evento apareza aquí, envíanos un correo-e cos datos e imaxe do teu evento, e se temos tempo farémolo por ti… 😉
Queres que os teus eventos aparezan de maneira destacada no slider do encabezado da web e nas seccións de próximos eventos, e que lle deamos máxima difusión dende o noso boletín de noticias semanal, dende o noso facebook e dende outros perfís de RRSS e newsletters semanais de empresas asociadas?
Chámanos (988 68 08 92) ou escríbenos a info@oqueho.gal ou por mensaxe de Facebook, e contámosche as diferentes formas de colaboración que xa elixiron moitos locais e empresas!
Temos varias fórmulas de colaboración