fbpx

DÁLLE ao PAI en Allariz

Compárteo!
DALLE AO PAI Actividades

DALLE AO PAI Actividades

Achégase o Día do Pai, e este ano vén con ponte incluída.

En Allariz volven animarnos a visitar a vila aproveitando esta fin de semana (ponte para algunhas persoas), coa celebración do Día do Pai como colofón.

DÁLLE AO PAI Unha campaña chea de actividades e cun novo e ocorrente sorteo que ofrece un premio de produtos e servizos valorado en 700€ (*)

Do sábado 16 ao martes 19: presentacións de libros con degustacións, vermús literarios, concertos, rutas arqueolóxicas polo Castro de Armea ou polo Románico de Allariz…

Visitade Allariz esta fin de semana e gozade de todas estas actividades, e máis, nesta vila que non deixa de sorprender coa inxente programación cultural que ofrece.

+ info actividades, días e horarios na imaxe do cartel

¤ Os Roteiros polo Románico de Allariz (luns 18) e polo Castro de Armea (martes 19) son gratuítos para as persoas que se hospeden nos hoteis da vila.

(*) Bases do sorteo:

¤ A campaña terá lugar do 16 ao 19 de marzo, ambos os dous incluídos.

¤ Determinados comercios e locais hostaleiros de Allariz contarán con papeletas que entregarán ás persoas que realicen compras ou se hospeden neles.

¤ Tamén recibirán papeletas as persoas que proben sorte e lle acerten no bigote á diana da campaña ‘Dálle ao PAI’, que atoparán nos locais.

¤ O sorteo celebrarase na semana do 20 ao 23 de marzo.

¤ Haberá 1 único/a gañador/a. Sacaranse 5 papeletas por precaución, para que non quede deserto.

¤ Chamarase á persoa da primeira papeleta. Se non contestase en 48 horas, chamaríase á seguinte, e así sucesivamente.

Lote produtos e vales Dálle ao Pai

Lote produtos e vales Dálle ao Pai

¤ Os premios en forma de vale terán unha caducidade de 2 meses dende a data de entrega.

¤ Non poderán participar persoas vinculadas directamente aos negocios (propietarios, traballadores e familiares en 1º grao)

¤ O resultado será comunicado á persoa gañadora directamente e a publicado a través desta web e das Redes Sociais de O que, ho! e das empresas participantes na campaña.

Un comentario en “DÁLLE ao PAI en Allariz”

  1. Pingback: Torre Lombarda Allariz. Escapadas Ponte San Xosé - O que, ho!
  2. Trackback: Torre Lombarda Allariz. Escapadas Ponte San Xosé - O que, ho!

Os Comentarios están pechados

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close