Semana Santa en Allariz. O mellor destino!
Pódese dicir que Allariz é -sen medo a equivocarse nin a caer no tópico- unha das vilas máis fermosas, coñecidas e visitadas de Galicia.
Pero o que fai desta vila un destino tan especial, tanto para o turismo de interior (da propia Galicia) como do resto da península -e aínda máis aló-, é algo máis ca a beleza das dúas rúas e arquitectura, do río Arnoia que a rodea ou da paisaxe da contorna onde se sitúa, declarada Reserva da Biosfera.