Axudas para prazas en BenComún Coworking Allariz
Programa de axudas do Concello de Allariz para o uso de prazas de traballo en BenComún Espazo, co obxecto de favorecer o nacemento, arranque e consolidación de novas empresas, a xeración de emprego e autoemprego e a dinamización económica do concello.
A finalidade deste Programa é proporcionar un servizo a persoas traballadoras independentes, autónomas e/ou microempresas que requiran dun espazo para desenvolver a súa actividade empresarial -un posto de traballo nun espazo de traballo compartido- en diferentes formatos, segundo a dispoñibilidade de BenComún Espazo.
Cada posto de traballo estará dotado do mobiliario básico, aceso a internet e aos espazos e servizos cos que contaBenComún.
50% axuda: Concello de Allariz | 40% axuda: BenComún Espazo.
Toda a información e descarga de ficheiros para a solicitude clicando aquí